Saurobuks é unha editora de Ourense que naceu de xeito espontáneo en 2014 debido á necesidade de autoeditarnos. Despois ocorréusenos formalizarnos como asociación sen ánimo de lucro e seguimos publicando a terceiros, tentando proxectar as voces menos comúns e singulares, desde o ámbito local, buscando o impulso colectivo que existe nas marxes.

Interésanos a arte e a poesía, sen deixar de lado ideas políticas e filosóficas alternativas ao sistema imperante. Os nosos artefactos son híbridos onde collen moitas e variadas formas de expresión. Priorizamos a nosa lingua galega, aínda que tamén temos libros en galego-portugués e castelán.

Neste proxecto non descoidamos a creatividade, é por iso que no noso catálogo tamén podes atopar fotografía, colaxe e material con deseños orixinais

Recentemente comezamos a funcionar como pequena distribuidora de material doutras autoras con ideas afíns.

Temos poucas referencias porque traballamos amodiño, por puro goce e amor. Non somos unha editorial ao uso, non temos afán competitivo senón colaborativo, non temos unha intención comercial, pretendemos que este proxecto se autofinancie, coas vendas do que imos publicando sufráganse os futuros artefactos. E por isto mesmo temos o dereito a un espazo, un oco no interese das persoas e ámbitos que nos correspondan.

Podes axudarnos coa difusión, enviarnos propostas ou suxestións, estamos abertas a túa colaboración. Escríbenos a bronto@saurobuks.com e cóntanos!