Árbores de inverno

Amauta Castro e Pablo Orza

15,00

Libro de poemas de Amauta Castro.
Con ilustracións de Pablo Orza.
Idioma: galego.
Interior a cor.
Encadernación rústica con lapelas.
56 páxinas + capas.
Tamaño 17,5 x 15,5 cm. horizontal.

Hai existencias

SKU: OU 285-2023 Categorías: , Etiquetas: , , , ,

Descripción

Árbores de inverno podería ser un libro de haikai oriental pero que máis occidental que Vigo de onde é autótono Amauta Castro.
Este libro de poemas, nunca millor dito descarnados, onde todo o que sobra non está -obviamente- e espido ata as últimas consecuencias non procura ornamento ningún nin rimbombantes versos que non sexan a súa medida exacta achegada ao bosque e a chaira.
Cando se mergulla un en Árbores de inverno imaxina todo tipo de ponlas, madeira, chuvia, vento e a trascendencia do inverno e a morte para o ser humano pequeniño, ante as sombras das árbores que teiman en crebar coma os nosos ósos e arterias.
O libro de Amauta, cun contido abrasador ou conxelador dependendo en que extremos dos versos nos situémos, prepáranos para aterecer ou para a cinza que non é poesía.
Cru como o inverno mesmo, non deixa indiferente ao silencio que provoca… moitas das veces esmagante ou outras un ruído enxordecedor de noite e escuridade.
Tronco, ponla, raíz, terra pero sobre todo espidos quedamos ante os versos de Amauta Castro, procurando o coñecemento que reunen as Árbores de inverno polas cales atravesan os poucos raios de sol alumeando as nosas cacholas torturadas polo tempo.
Non deixa o autor, de todos os xeitos, de procurarlle praticidade material á arbore, ás Árbores de inverno que serven algo máis que para amamantarnos de baleiro. Así son sangue, golpe e fan camiño.
En definitiva unha nova oportunidade de coñecer en profundidade, a través deste autor xa consagrado, a intemperie da poesía.

Acompañan aos excelentes versos excelentes ilustracións do artista tamén galego Pablo Orza. Outro amigo de Saurobuks que inza este libro con todo tipo de técnicas para mesturar árbores, letras, ponlas, camiños, arterias e estradas por onde sucan os poemas de Amauta Castro.

Limiar de Branca Trigo Cabaleiro da cooperativa editora Malafera.

Que máis pode pedir un ou unha para este inverno que este magnífico libro publicado pola editora máis lenta e precaria do antigo reino da Galiza.

Alfonso Rodríguez

Información adicional

Peso 200 g
Dimensións 16 × 10 cm

Booktrailer

Sobre o libro

Para obter o papel que compón estas páxinas, alguén tivo que cortar unha árbore. Quizais non a cortou, quizais a árbore caeu e o alguén se limitou a recoller o tronco como quen atopa un animal ferido. Alguén tivo que cortar as pólas, de ter a árbore pólas. En todo caso, alguén tivo que extraer a medula vexetal de entre a cortiza para que esta obra sexa. O proceso de construción dun libro está ligado inexorablemente ao proceso de transformación do corpo arbóreo. Cada palabra impresa contáxiase da verticalidade da febra, do seu vieiro irrompible e aínda así inconcluso, da súa dirección única cara ao ceo. Eis a árbore entregada ao papel. Entrar nun libro sempre é entrar nun bosque.

Branca Trigo Cabaleiro

Sobre os autores

Amauta Castro

(1981)
Poeta en lingua galega que actualmente reside en Catalunya. Ten colaborado en diversas publicacións literarias e volumes colectivos coma Dorna, Revista Ligeia, Andar21, Ultragráfico, Antoloxía poética da diáspora galega (2007) ou O Poliedro da soidade (2018). A súa obra Da pel sae o escuro (2018) foi gañadora do XXXI Certame de Poesía Rosalía de Castro (2017). Ten varios poemarios individuais publicados: Nos muros do mundo (Edizer, 2012); A Tarde. O Desacougo (Espiral Maior, 2019); obra que fora merecedora do XXXI Premio Nacional Pérez Parallé de poesía; Leixaprén (Buenos Aires Poetry, 2020), Constante hora de boca e precipicio (ed. Urutau, 2020), Poesía (modelo para romper) (Saurobuks, 2021), Intraordinario II (ed. Urutau, 2021) e Maldito (ed. Malafera, 2022).

Máis en  https://gl.wikipedia.org/wiki/Amauta_Castro

Pablo Orza

(1971)
Artista multidisciplinar galego. Desenvolve con asiduidade a súa actividade plástica en exposicións individuais e colectivas dende finais dos 90’s. Foi membro (2006-2013) da Orquestra de Música Espontánea de Galicia (OMEGa). Ocasionalmente realiza concertos de improvisación sonora en solitario ou en pequenas formacións. Ten desenvolvido unha intensa colaboración co músico italiano Ranter’s bay con varios discos publicados. No 2023 comezou o proxecto de recitado performático dos seus propios poemas: Os cantos cíclicos.

Puntos de venda

CAFE UF Negra Sombra
Rúa Pracer, 19, baixo - 36202 Vigo
Aquí poderás atopar os seguintes títulos:
GALERÍA DODO DADÁ
Rúa Liberdade, 32 - 32005 Ourense
Aquí poderás atopar os seguintes títulos:
HOBOKEN
Rúa Médico Durán, 15 - 15005 A Coruña
Aquí poderás atopar os seguintes títulos:
LA NUEVA BIBLOS
Rúa Salvador de Madariaga 1, local 4 - 27002 Lugo
Aquí poderás atopar os seguintes títulos:
LA REPUNANTINHA
Carrer del Torrent de l'Olla, 143, Gràcia, 08012 Barcelona
Aquí poderás atopar os seguintes títulos:
LIBRARÍA CARTABÓN
Rúa Urzaiz, 125 - 36205 Vigo
Aquí poderás atopar os seguintes títulos:
LIBRERÍA EIXO
Rúa Cardenal Quevedo, 36 - 32004 Ourense
Aquí poderás atopar os seguintes títulos:
LIBRERÍA PAZ
Rúa Peregrina, 29 - 36001 Pontevedra
Aquí poderás atopar os seguintes títulos:
LIBRERÍA SISARGAS
Rúa San Roque 7, baixo - 15002 A Coruña
Aquí poderás atopar os seguintes títulos:
LIBRERÍA TANCO
Rúa Cardenal Quevedo, 22 - 32004 Ourense
Aquí poderás atopar os seguintes títulos:
LIBRERÍA TRAMA
Av. de A Coruña, 21 - 27003 Lugo
Aquí poderás atopar os seguintes títulos:
LIBRERÍA VOLANDO LIBRE
Rúa Ervedelo, 23 - 32002 Ourense
Aquí poderás atopar os seguintes títulos:
MUR MARXINAL
Rúa Manuel Murguía, 11, baixo - 32005 Ourense
Aquí poderás atopar os seguintes títulos:
NUMAX
Rúa Concepción Arenal 9, baixo - 15702 Santiago de Compostela
Aquí poderás atopar os seguintes títulos:
SINDICATO DEL CÓMIC
Rúa Doutor Marañón, 15 - 32005 Ourense
Aquí poderás atopar os seguintes títulos:

O libro nos medios