Caderno de verán

Valentín Barreiros Bermejo e Xosé Poldras

20,00

Libro de poemas de Valentín Barreiros Bermejo con gravados (fragmentos) de Xosé Poldras.
Idioma: galego.
Interior a cor.
Encadernación rústica con lapelas.
80 páxinas + capas.
Tamaño 17 x 24 cm.

Hai existencias

SKU: OU 19-20267 Categoría: Etiquetas: , ,

Descripción

Valentín Barreiros é unha voz. A raíz indoeuropea á que nos achega esta palabra garda relación coa fala, a pronuncia e a chamada. Invocar pois os textos que a continuación poderá degustar o lector é chamar á reflexión pausada de quen transite polas súas liñas coma se o fixese polos carreiros vitais que poden ser os de calquera, que dispoña —iso si— da certeza incontestable dunha sensibilidade certa.

O caderno que abrimos tras destas páxinas constitúe un conxunto de notas líricas que conforman un diario de viaxe. O autor ofrécenos a súa man para que o acompañemos nunha travesía poética que moito debe ao desexo evocador da única patria que o ser humano debera de reivindicar como propia. A infancia é a orixe deste periplo que persegue o goce sensorial e áulico dunha experiencia que ten o edén como remate. O paraíso que cadaquén sinta como axeitado, a chamada que mellor acaia a cantos compartimos camiño.

Do limiar de David González Couso

Información adicional

Peso 280 g

Sobre os autores

Valentín Barreiros Bermejo

(Ourense, 1976)

Empregado público na Administración Xeral do Estado, Licenciado en Dereito pola Universidade de Vigo e con estudos avanzados en Lingua Galega pola Escola Oficial de Idiomas de Pontevedra.

Escritor e investigador cinematográfico que se iniciou no audiovisual coa participación en cursos formativos de realización e de produción. Dirixiu as curtametraxes Ecos (2004), Mulleres de contra (2005) e Fume (2009). Foi coordinador das Xornadas de Formación e Audiovisual, dos encontros Conversas Ou e asesor de programación en distintas edicións do Festival de Cine de Ourense.

Autor dos libros de divulgación cinematográfica Auria de cine (2008), Ourense e o cinema (2010) e Os trasnos da lanterna (2023). Participou en obras colectivas tanto de narrativa, Un intruso sonoro (2004) e Nudos (2009), como de difusión cultural, Guía da Sala Castelao do Museo de Pontevedra (2019) e a carpeta Contaaluz (2025).

Estivo vinculado á prensa como colaborador en distintas publicacións e actualmente é un dos redactores da Revista INviable.

 

Xosé Poldras

(A Coruña, 1969)

Doutor en Belas Artes pola Universidade de Vigo, bolsa Erasmus de doutoramento en s`Hertogembosch e licenciado pola Universidade de Salamanca. Workshop de arte contemporánea na Bienal de Maastrich 93 con Juan Muñoz e Workshop con Auke de Vries; Cursos gravado en Augatinta en Lugo, e no Museo de Gravado de Fundartes, con José Fuentes, Ribeira, A Coruña.

A súa actividade artística está centrada na obra múltiple en diferentes formatos e ten dirixido obradoiros de debuxo, gravado, fotografía, ilustración ou poesía visual.

Obra nas coleccións de artes plásticas da Biblioteca Nacional de España; Arte de Nuestra América, La Habana, Cuba; museo Majdanek, Lublin, Polonia; embaixada de Taiwan en España, Universidade de Vigo; Museo do Viño Vivanco, Briones, A Rioxa. Museo do Viño de Galicia. Deputación de A Coruña, Lugo e Ourense; Museo Municipal de Ourense; Casa dos poetas de Celanova; Museo Etnolóxico de Ribadavia; Centro de Artesanía da Deputación de Lugo.

Exposicións en Ourense, Vigo, A Coruña, Santiago, Lugo, Salamanca, Barcelona, Pamplona, Madrid, Oporto e Vilanova de Cerveira, Portugal; Liège, Bélxica; Spilimbergo, Italia; Bages, Francia e o Wingfield College Yard, Inglaterra.

Puntos de venda

ESPAZO LECTOR NOBEL OURENSE
Rúa Santo Domingo, 66 - 32003 Ourense
Aquí poderás atopar os seguintes títulos:
GALERÍA DODO DADÁ
Rúa Liberdade, 32 - 32005 Ourense
Aquí poderás atopar os seguintes títulos:
LA QUINTA
Av. das Caldas, 22 - 32001 Ourense
Aquí poderás atopar os seguintes títulos:
LIBRARÍA ESCOLMA
Rúa Tomás María Mosquera 44, Baixo - 32500 O Carballiño, Ourense
Aquí poderás atopar os seguintes títulos:
LIBRERÍA EIXO
Rúa Cardenal Quevedo, 36 - 32004 Ourense
Aquí poderás atopar os seguintes títulos:
LIBRERÍA TANCO
Rúa Cardenal Quevedo, 22 - 32004 Ourense
Aquí poderás atopar os seguintes títulos:
LIBRERÍA VOLANDO LIBRE
Rúa Ervedelo, 23 - 32002 Ourense
Aquí poderás atopar os seguintes títulos:
NUMAX
Rúa Concepción Arenal 9, baixo - 15702 Santiago de Compostela
Aquí poderás atopar os seguintes títulos:

O libro nos medios