Confesiones de un majara cuerdo.

Ieltxu Marcos

12,00

Libro de poesía, colaxes e debuxos de Ieltxu Marcos Campomar.
Interior a cor.
Encadernación rústica con lapelas.
80 páxinas + capas.
Tamaño 15 x 21 cm.

Esgotado

SKU: OU 396-2017 Categorías: , Etiquetas: , , ,

Descripción

Séguenos en Facebook para saber máis sobre os eventos e presentacións do libro!

Información adicional

Peso 280 g
Dimensións 15 × 21 cm

Sobre o libro

Todos os majaras son cordos e todos os cordos están majaras… non é verdade que sexa exactamente o mesmo como discutía con outro familiar hai anos. Baixo o meu punto de vista, o que asume que é majara xa está asumindo moito máis que o que se declara cordo aínda que estea majara. Son declaracións de principios moi diferentes, ademais o primeiro asume a súa, digamos, loucura como algo positivo para entenderse cordo e o que se declara cordo de ningunha maneira quererá asumir que está majara aínda que sen dúbida o está segurisimamente xa só por declararse cordo neste mundo majara. Ou sexa que Confesiones de un majara cuerdo de Ieltxu Marcos non só son as literarias e plásticas que conforman este libro, e moitas outras obras que non collen nel, senón a confesión de que para facelas hai que ser un majara e ademais moi cordo.

Ieltxu Marcos ofrece neste libro algúns dos seus traballos nos que están delimitadas tres propostas, unha estritamente poética e dúas plásticas, aínda que estas poderían ser tildadas tamén como tal.

Comezarei falando dunha delas que son os debuxos realizados coa técnica “Ebru” que algún apunta que tivo os seus inicios xa hai moito tempo na India, aínda que se popularizou máis adiante noutros lares, sobre todo en Turquía. Polo pouco que temos investigado e visualizado as editoras de Saurobuks é unha técnica que a priori semella ser azarosa pero que no fondo non o é tanto ou pouco. Ieltxu a partires desta técnica dalle totalmente ao seu traballo un enfoque e personalidade propias e o resultado, para min, é impactante porque consegue unhas formas realmente misteriosas e oníricas, nalgún dos seus debuxos polo menos. Sen empregar esta técnica a min resúltame análogo o resultado ou lémbrame cando menos a artistas denominadas outsiders ou brut, nas que se poden englobar á escritora e pintora surrealista Unica Zürn ou ao músico anarcopunk -da banda Rudimentary peni- e debuxante Nick Blinko. Unha forma de facer allea á aprendizaxe académica, heteroxénea, íntima e libre que eu observo se pode conquerer independentemente da técnica que se use. Formas orgánicas, ás veces, pantasmagóricas outras. Ás veces coloristas que levan á ensoñación, outras a un sutil desasosego polas súas combinacións case líquidas.

[arve url=”https://youtu.be/opKePIcSp7U” /]

A Ieltxu coñecímolo en certas timbas poétikas xa hai anos na cidade de Ourense, en lugares como o Auriense ou o Luscofusco, e xa quedara eu prendado da tranquilidade e o estar na situación e dos seus recitados, co móbil en man, daqueles poemas que lembro curtiños e cuns xogos de palabras completamente distintos ao que normalmente ún está acostumado. Sen alzar a voz mais sen baixala tampouco conseguía, consegue, a atención da xente que expectante recibe un caramelo de pementa e limón.

A súa poesía verbaliza a contradicción do mundo, de todos, del mesmo. É unha poesía, no sentido positivo, naíf que está cargada de paixón e fantasía, por unha parte, mais tamén de ironía e irreverencia. É unha poesía de rosas pero cos seus espiños, cun sutil hedonismo. Sen esquecer a crúa realidade coa súa dictadura de tempo e os límites e as fronteiras.

Unha pequena viaxe aos viaxes desexados e a todos os elementos sobre todo ao ar, á brisa. Un alegato á imaxinación e a ensoñación pero para lembrar se temos ou non os pés no chan. En fin son poemas ás veces apacibles que se converten en asaltos ao ceo e viceversa.

Lembro tamén cando comecei a ver en formato folio e a fotocopia as súas cousas onde misturaba os colaxes con poemas, algunhas veces xa insertados con palabras recortadas. Técnica dadá e espírito anarcopunk de novo. Penso que as repartía, senón estou equivocado, nas propias timbas poéticas e tamén vín moitas no Centro Social A Cambalhota de Allariz, incluso nalgún posto da CNT. Foi nunha exposición no centro social, anteriormente citado, onde puiden ver e apalpar os seus colaxes orixinais e ademais en cor. De aí penso que xurdiu a idea deste libro. Os colaxes son auténticos labirintos de palabras, imaxes e formas en xeral e conteñen unha grande ironía. Aprópianse de elementos pop, mensaxes publicitarias e de moda para desapropiar o seu contido e desmembralo conformando novas mensaxes que desencriptar.

Alfonso Rodríguez

Sobre o autor

Ieltxu Marcos Campomar
Nació en Salamanca el 31 de agosto de 1986.
Ser, ser, creo que humano es.
Ha estudiado en la vida, donde falla y acierta.
Hoy reside en Allariz.
Y esto lo ha escrito para ti.