Independencia

Alfonso Rodríguez

Despois de moitos meses depositado nunha cámara frigorífica sae a ventilarse con novo rumbo o último libro de Alfonso Rodríguez con reapropiada independencia. Desfacéndose de áncoras e mal porto surcará ríos e mares e se hai treboadas pois tentará campealas como poida mais todos os poemas contidos nesta independencia serán ceibes e deixarán de estar entrullados collendo malos cheirumes. Resultou ser cara a liberdade… pero que lle imos facer se a queremos!

Libro de poesía de Alfonso Rodríguez.
Interior a branco e negro.
Encadernación rústica con sobrecuberta.
70 páxinas + capas.
Tamaño 15 x 21 cm.

Se queres este libro envíanos un mail a:

bronto@saurobuks.com

REF: SABU-01
Categorías: ,
Etiquetas: ,
Comparte:

Descrición

Independencia oportunista ou oportuna independencia?

Non, eu non quero ser esa persoa unida por un cordón umbilical aos supostos nutrientes cos que nos ‘agasalla’ ese ente enredante e global, neuronal, funcional que anexiona a todas as nosas almas nun todo simulando e situándonos por riba desa montaña máxica que é a nosa cadeira ou o noso sofá, as nosas mans…”. Mans que só aloumiñan os fríos dispositivos e se quedan pegadas a eles…

Prezada palabra semellante á utopía a que titula este poemario e que o autor ten como arela que, claro está, non chega a ela máis que co seu desexo. Pero serve para tensar, ás veces, ata certos límites, soñando con rompelos tanto na vida como na mente.

Algo de humor e algún que outro xogo de palabras, a fartura de dependencias de todo tipo, certo intimismo, quizais a contraposición natureza/tecnoloxía e a crítica ao que vé, incluído él mesmo, configura en definitiva Alfonso Rodríguez este poemario oportunista.

Información adicional

Peso 205 g
Dimensións (ancho x alto) 15 × 21 cm

Sobre o autor

Alfonso Rodríguez Rodríguez: ver ficha na Wikipedia