Instalacións e outras deformidades pseudoartísticas no territorio rurbano.

Alfonso Rodríguez

15,00

Libro de fotografía de Alfonso Rodríguez. Con textos e intervencións de Rebeca Baceiredo, Rosendo Cid e Xosé Vilamoure.
Ten unha tiraxe limitada de 100 exemplares.
Interior a cor. Encadernación rústica sen lapelas.
66 páxinas + capas. Tamaño 21 x 21 cm.

Hai existencias

SKU: OU 45-2017 Categorías: , Etiquetas: , , ,

Descripción

 

Acompañan aos rencadres en branco e negro das fotos de Alfonso palabras na lingua quechua e topónimos ourensáns que aparecen na colaboración/intervención de Xosé Vilamoure para o libro e unhas poucas frases de Rosendo Cid de entre as 168 -case como fotos que estampan o artefacto- que enchen a súa colaboración.
Video que recolle o material do libro: Fotografías e son ambiente: Alfonso Rodríguez / Mistura de palabras en quechua e topónimos ourensáns da intervención “Poéticas posibles”: Xosé Vilamoure / Frases do texto “Contaxiarse da beleza dos erros”: Rosendo Cid / Voz en off: Raquel Rodríguez / Realización do vídeo: Adriana Pérez

 

Información adicional

Peso 305 g
Dimensións 21 × 21 cm

Sobre o libro

H é un libro sobre a incerteza. Ou quizais sexa mellor dicir que é un libro de incerteza: un libro incerto, no mellor sentido. Porque os pensamentos de Castro non son absolutos, non son dogmáticos, pero contribúen a cuestionarse a contorna, todo aquilo que damos por sentado. Ás veces, unha simple ollada abre moitas portas.

Sr. Molina, 8 decembro 2006, sobre H de Eugenio Castro (Pepitas de Calabaza, 2006).

Xa sacaba moitas fotos antes pero nunca da maneira como comecei a sacalas despois de ler este libro hai xa uns anos. Fíxome deambular pola miña cidade como nunca. Ourense é unha cidade relativamente pequena pero nunca fixera o que fixen nese momento e ata hoxe. Percorrín sitios nos que nunca estivera e coñecín todo tipo de caras da mesma. Recunchos, natureza, asfalto, cheiros, sabores, calor e frío, xente… Cativa, moita maior, costas, subidas, baixadas, barrios e case pobos, fincas, ríos, beleza e fealdade, periferias, centros, inxustizas, claridades e así día tras días, case, durante varios anos no que esas derivas, recoñezoo, deixarono de ser tanto. Deixaron de ser novidade, deambulamento para converterse en algo máis rutinario, mecánico, quizais incluso, mais é a cámara a que me empurra a saír xa sexa coma antes ou agora. É o meu consumismo particular porque moitas veces non sei a onde iría sen o meu medio de transporte: unha pequena cámara coa que formo diarios e calendarios. Coa que esganizo a miña vista. Ela é a miña obsesión.

Case sempre saio só mais ás veces como Eugenio Castro teño unha compañeira (que non é a cámara) que atura o case non aturable porque a rebordo de fotografías e chego a “petala” por veces coma aos discos duros que van medrando… E así deriva comigo en risas pero tamén en enfados pola pesadez da miña carga.

As miñas fotografías foron formar parte dos catálogos web de expoplanetarium.net hai xa moitos anos pero cando a cousa se puxo cargante mergulleime nun espazo social en internet fóra do “purismo” da nosa net art. Elexin a rede flirck e cheguei en poucos anos ás dez mil fotos que foron o pistoletazo de chegada ao final do traxecto desa plataforma. Quizais aí foi onde a deriva azarosa e máis auténtica rematou quizais tiña que telo deixado aí mais son ionqui desta historia e continuei e continúo ata unha enfermidade terminal sen remisión. Paseime á plataforma tumbrl e co nome de papercinho xa coas rúas de Ourense e extrarradio moi pateadas adiqueime a sacar, penso, millores fotos, máis atinadas. O desexo remitiu un pouco ou transformouse en experiencia e así sigo cunha nova cámara tamén pequena despois de ter soportado unha agresión e a rotura da vella.

Instalaciónse outras deformidades pseudoartísticas no territorio rurbano é un compendio de familias de fotos de varias índoles mais que se rozan entre si. Fixen esta selección desordeada premeditadamente e misturando e saturando as páxinas deste fotolibro formando colaxes con todas elas para potenciar aínda máis, penso, toda esa maraña de materiais de todo tipo, incluso naturais que conforman cousas, espazos, esculturas. Quizais todo isto podería estar perfectamente nun museo de arte contemporáneo, quizais é unha brincadeira ao mesmo, quizais unha homenaxe. Non o sei realmente pero resulta alucinante a cara b das cidades e o que se atopa nos camiños se queres reparar neles. Macro e micro cárceres, obstáculos, trampas pero tamén invencións, creatividade e dignidade. Beleza e fealdade a partes iguais. Residuos do capitalismo salvaxe que non repara no salvaxe das súas creacións. O cemento, ladrillo e a madeira co verde xúntanse e forman auténticos híbridos de óxido ao sol. Todo está aí, o que non adoita estar nos centros comerciais onde, por outra parte, tamén hai curiosas instalacións pero claro non case aleatorias ou azarosas como as que conforman, en parte, este libro senón acabadas, rematadas para dar o brillo necesario que non existe na periferia, como digo, a cara b da cidade.

Por último comentar que o libro conta con tres importantes colaboracións que fan moito máis interesante o seu contido realizadas por parte de Rebeca Baceiredo, Rosendo Cid e Xosé Vilamoure. Cada un/ha con estilos, claro está, diversos expanden os territorios rurbanos por estas páxinas.

Só vos queda disfrutar deste catálogo en forma de fotolibro ou deste fotolibro en forma de catálogo.

Alfonso Rodríguez

Sobre o autor

Alfonso Rodríguez Rodríguez: ver ficha na Wikipedia

Puntos de venda

CAFE UF Negra Sombra
Rúa Pracer, 19, baixo - 36202 Vigo
Aquí poderás atopar os seguintes títulos:
LA NUEVA BIBLOS
Rúa Salvador de Madariaga 1, local 4 - 27002 Lugo
Aquí poderás atopar os seguintes títulos:
LA QUINTA
Av. das Caldas, 22 - 32001 Ourense
Aquí poderás atopar os seguintes títulos:
LIBRERÍA VOLANDO LIBRE
Rúa Ervedelo, 23 - 32002 Ourense
Aquí poderás atopar os seguintes títulos:
SINDICATO DEL CÓMIC
Rúa Doutor Marañón, 15 - 32005 Ourense
Aquí poderás atopar os seguintes títulos: