¡Oferta!

Estoume adestrando non me biques

O prezo orixinal era: 18,00€.O prezo actual é: 16,00€.

Serigrafía artesanal de Adriana Pérez baseada nunha fotografía de 1927 de Claude Cahun.

Feita a man sobre camiseta.

SKU: SACR-06 Categorías: , Etiquetas: , ,

Descripción

Reivindicando ás mulleres na arte…

Claude Cahun

Masculino? Feminino? Depende da situación. Neutro é o único xénero que sempre me convén.

(1894-1954) Alter ego de Lucy Schwob, foi unha escritora, muller de teatro, artista plástica e fotógrafa. A súa obra, difícil de clasificar, desafiaba as ideas preestablecidas sobre a propia identidade e a autenticidade; en colaboración coa súa parella, a ilustradora Marcel Moore (Suzanne Malherbe), os seus traballos exploraron constantemente os límites do xénero.

Aínda que se definiu a si mesma como surrealista separouse do grupo principal formado por André Breton; as mulleres raramente participaban e ningunha era membro oficial. Aínda así co-fundou a revista Contre Attaque, xunto a outros surrealistas que protestaban contra a propagación do fascismo en Francia, e participou en varias exposicións surrealistas en París e Londres.

Uniuse á Asociación de Escritores e Artistas Revolucionarios e durante a segunda guerra mundial instalouse con Marcel Moore en Jersey (Gran Bretaña) desde onde levaron a cabo accións de resistencia creativa: elaboraban folletos antinazis que difundían en eventos militares e deixaban mensaxes subversivos nos petos das chaquetas dos soldados alemáns. Cahun foi capturada e condenada á morte, finalmente escapou deste destino grazas á liberación por parte aliada da illa. Un ano en prisión danou a súa saúde, o que a levou a súa morte prematura en 1954.

O traballo de Cahun considérase sorprendentemente similar ao pensamento feminista contemporáneo sobre o xénero, a identidade e a sexualidade, e como fotógrafa está considerada como unha precursora de artistas como Cindy Sherman ou Gillian Wearing. A linguaxe e a fotografía entrelázanse para a artista, que empregou ambos medios para desestabilizar as ideas preconcibidas sobre o xénero e a identidade.

 

Neste autorretrato de 1927, Claude vístese como un fisicoculturista, pero quizais non se refire ao seu corpo, senón ao seu eu, a súa identidade ou a súa identidade múltiple. Leva un chaleco, medias e pantalóns curtos. O seu rostro está maquillado, as meixelas acentúanse cos corazóns, fanse eco nos rizos de arriba. A súa mirada é tímida e acolledora, case sedutora, pero á vez despectiva e burlona. Escurécenselle as mamilas e os beizos que poñen mala cara para salientalos. Pero adornando o seu peito plano case masculino están as palabras “Estoume adestrando, non me biques”, unha clara negación da invitación evidente no resto do retrato. É un intento de afastar aos intrusos sexuais. O sexo real do corpo é indeterminado. As mamilas están acentuadas pero planas. As pernas crúzanse de forma protectora, pero un corazón convida a mirar mentres a man insinúase entre as pernas.

Este é un acto de ridículo e parodia, de burlarse do erotismo e a negación descarada. Búrlase do espectador por sentirse atraído polo que obviamente non se ofrece.

Louise Downie (HERITAGE MAGAZINE)

 

 

Máis info sobre Calude Cahun en inglés / en galego

Información adicional

Peso N/D
Talle

S, M, L, XL, XXL

Puntos de venda

Podes conseguir estes artefactos visitándonos en Ourense, escribenos a bronto@saurobuks.com e dirémosche onde!

Guía de talles

Talle Ancho* Alto**
S 45,5 68,5
M 48,5 71
L 53,5 73,5
XL 58,5 76
XXL 63,5 77,5
* Medida do ancho da prenda tomada 1 cm por debaixo da sisa.
** Medida desde o punto máis alto do ombreiro ata o borde inferior da prenda.
Estas medidas son aproximadas, poden variar lixeiramente dependendo da marca da camiseta.

Tamén che recomendamos…