Poema Elevado.
AD HOC
5,00€
Formato: CD
Encadernación: Caixa jewel
Xénero: rock, improvisación, poesía
Edición: 2018
Publicación: Autoedición
Hai existencias
Descripción
Antonio Rivas: baixo, guitarra, voz, coros
Lois Gil: voz, teclado, coros
Pedro Lamas: teclado, voz, coros
Ramón Cruces: guitarra, voz, coros
Roque Mosquera: batería, baixo, guitarra, coros
e tamén
Manolo Pereira: guitarra e voz sintetizada
Nacho García: voz, teclado, kalimba, harmónica, coros
Santi “Buho” Ruanova: baixo
Gravado no Tremo (Brión, A Coruña), Bexán (O Saviñao, Lugo), Casas Novas (Rois, A Coruña), Niñodaguia (Xunqueira de Espadañedo, Ourense) e Santiago de Compostela (A Coruña), entre marzo de 2014 e febreiro de 2018.
Producido por Antonio Rivas e Roque Mosquera
Mesturado e masterizado por Antonio Rivas en Santiago de Compostela
Deseño da portada: Lois Gil
Fotografía de portada: Nacho García
Agás onde se indique outra cousa, todas as músicas son dos intérpretes que participan nos temas.
Información adicional
Peso | 100 g |
---|---|
Dimensións | 14 × 12,5 cm |
Temas
- Nunca Man
- Tirano
- Insulto
- Al sur
- Floreceran
- Ignoro a Deus
- Lo privado parece publico
- Amareite
- Familia americana
- Vivir muerto
- Nibiru
Sobre o autor
Ad Hoc é un organismo vivo e multipersoal, criatura do mundo dos soños, cuxas razóns de ser non son outras que a amizade e a creatividade, como vías para deixar soñar, por uns días, ao artista que habita o interior de cada un de nós e dos amigos e amigas que nos acompañan.
É ese espírito de diversión e creación, mesturado co do 68, o que impulsa a produción musical en cada unha das nosas xuntanzas, ou “filloaldeas”.
Estas adoitan ser nuns poucos días e noites nas que o elemento esencial é a improvisación. Ninguén sabe o que se vai tocar, nin os demais nin el mesmo. Velaí o retrato sonoro que recolle o comezo de Ignoro a Deus.
O produto inicial son horas e horas de gravación, en moitas ocasións tomas sen máis título que un número. Despois lévase a cabo un longuísimo proceso de selección de temas, que é seguido polo acurtado daqueles que poidan pagar a pena ao suprimirse as partes máis frouxas. Logo segue a corrección dos inevitables erros que cometemos aqueles de nós que non pasamos de ser músicos afeccionados. Ás veces tamén a incorporación, en novas filloaldeas, de engadidos dalgún instrumento, voces ou coros. E por último as longas horas de mesturado, coas que corrixir os defectos de gravación debidos ás condicións caseiras nas que son realizadas.
Porque nada do que aquí se escoita é gravado nun estudio, senón no salón dunha casa, e case sempre con pouco espazo e demasiado volume como para evitar a contaminación sonora dos sinais que recollen os micrófonos.
Pero iso non importa. Pois por enriba de todo están os momentos nos que a individualidade se disolve na construción colectiva e a acción se volve creación. Son eses momentos os que posteriormente, ao seren escoitados de novo, fan medrar a ansia de volver xuntarnos. A música é unha escusa para o encontro, ou quizais o encontro sexa a escusa para a música, quen sabe.
O principal desta música é que nos permite revivir bos momentos, que nos gustaría poder compartir contigo, amigo ou amiga que tamén gozas dela. Imitando o título do famoso disco de Pink Floyd, oxalá estiveses alí.
Máis info en http://adhocgz.blogspot.com/
AD_HOC-dossier