Poesía (modelo para romper)

Amauta Castro

12,00

Libro de poemas de Amauta Castro.
Con debuxos de Alfonso Rodríguez.
Idioma: galego.
Interior a branco e negro.
Encadernación rústica con lapelas.
100 páxinas + capas.
Tamaño 16 x 10 cm. horizontal.

SKU: OU 88-2020 Categorías: , Etiquetas: , , ,

Descripción

 

Non te anuncies. Para que tanta palabra errónea?
Entra e obvia as presentacións
Amauta Castro
POESÍA (modelo para romper)

 

Esta é unha das instrucións que aparecen neste libro con forma de libreta de notas acompañada de garabatos “nas marxes” onde Amauta Castro, poeta e tradutor galego residente en Xirona, verte de maneira sintetizada mais con unha, chamémoslle, sabiduría case espiritual en todas e cada unha das 72 que compoñen estas páxinas. Os debuxos corren a cargo de quen está escribindo estas liñas, e iso, son garabatos e outros híbridos rotulados, moitos deles de hai xa bastantes anos.

A Amauta coñecíno polo grande portal web de poesía, etc. que nacera a comezos do milenio, Andar21, e a través do seu impulsor, Gaspar Domínguez, colaborador e amigo da xente de Saurobuks. Tiven gracias a el nas miñas mans o que penso foi o primeiro libro do autor, Nos muros do mundo, 2011. Despois funlle seguindo a pista polas redes sociais, lendo e vendo as súas publicacións ata o de hoxe. Publicacións que lle fan a ún frear automáticamente pola barra dese scroll infinito no que nos conducen e conducimos todos os días.

Cando Amauta Castro gañou o XXXI Premio Nacional de Poesía Xosé María Pérez Parallé polo seu libro A Tarde, o desacougo foi publicado e o autor veu ata Galiza facer presentacións. Xa tivéramos máis dalgunha conversación virtual e propúxome o de facer unha presentación en Ourense. Eu lembro que lle falei de varios sitios pero tiven certa inclinación polo Centro Social Autoxesionado A Cambalhota de Allariz e foi polo que optou finalmente. Non o coñecía persoalmente e a min o tema de falar en público pois non se me dá moi ben. Lin un texto para a ocasión e despois adiqueime esa mañá a escoitalo e comprobar a sabiduría da que falaba anteriormente respecto ás INSTRUCIÓNS deste libro. Non fun consciente ata bastante despois que fora unha honra que depositara en min a oportunidade de coñecelo e de presentar un libro que me deixaría con palabras, poucas palabras mais moi ben escollidas. Na capa do libro ademais como ilustración figura un colaxe dun artista galego a quen admiro, Pablo Orza. Que máis?

A editorial brasileira Urutau que se estableceu nesta terra e que publicou como primeiro libro da colección galega un orixinal meu, acabou editando o último traballo poético de Amauta Castro, ata este outro do que tento escribir que seguramente non será o derradeiro, Constante hora de boca e precipio, 2020. Este libro lino nuns momentos moi especiais para min e para todo o mundo. Nesas seguimos, mais tamén tentamos fugarnos de seguir ás veces nas mesmas e fugámonos ou ata quitamos a máscara. Por iso este libro. Seguir si pero seguir tendo moi en conta as instrucións que nos dá Amauta; aínda que di que todas están mal escritas zumegan moita, moita fibra, mesmo condensadas case sempre nun código case morse, non por encriptado. Pero tamén case nun código dun marmurio que se pega no noso interior. Porque para min cando leo estes poemas, estas instrucións, sinto que non veñen de fóra a min, senón que veñen de dentro cara min.

Caderno rematado. Palabras escritas, garabatos aos lados, e todo listo para romper e facer outro/s? Si pero tendo en conta de onde vimos para poder saber cara onde desexamos ir.

 

Alfonso Rodríguez

Información adicional

Peso 200 g
Dimensións 16 × 10 cm

Sobre o libro

Sobre o autor

Amauta Castro, nado en Barakaldo en 1981, é un poeta e tradutor galego residente en Xirona.

Máis en  https://gl.wikipedia.org/wiki/Amauta_Castro

Puntos de venda

A ARCA DA NOE
Rúa do Forno, 13 - 32650 Vilar de Santos, Ourense
Aquí poderás atopar os seguintes títulos:
CAFE UF Negra Sombra
Rúa Pracer, 19, baixo - 36202 Vigo
Aquí poderás atopar os seguintes títulos:
LA NUEVA BIBLOS
Rúa Salvador de Madariaga 1, local 4 - 27002 Lugo
Aquí poderás atopar os seguintes títulos:
LA REPUNANTINHA
Carrer del Torrent de l'Olla, 143, Gràcia, 08012 Barcelona
Aquí poderás atopar os seguintes títulos:
LIBRARÍA CARTABÓN
Rúa Urzaiz, 125 - 36205 Vigo
Aquí poderás atopar os seguintes títulos:
LIBRERÍA PAZ
Rúa Peregrina, 29 - 36001 Pontevedra
Aquí poderás atopar os seguintes títulos:
LIBRERÍA SISARGAS
Rúa San Roque 7, baixo - 15002 A Coruña
Aquí poderás atopar os seguintes títulos:
LIBRERÍA TANCO
Rúa Cardenal Quevedo, 22 - 32004 Ourense
Aquí poderás atopar os seguintes títulos:
LIBRERÍA TRAMA
Av. de A Coruña, 21 - 27003 Lugo
Aquí poderás atopar os seguintes títulos:
LIBRERÍA VOLANDO LIBRE
Rúa Ervedelo, 23 - 32002 Ourense
Aquí poderás atopar os seguintes títulos:
Local CNT Allariz
Camiño Socastelo, 10 - 32660 Allariz, Ourense
Aquí poderás atopar os seguintes títulos:
SINDICATO DEL CÓMIC
Rúa Doutor Marañón, 15 - 32005 Ourense
Aquí poderás atopar os seguintes títulos:

Reseñas

David Rodríguez no Luzes

16-10-2020

 


Alba Cid no Diario Cultural da Radio Galega

28-09-2020