Poñerse amoradx. Antoloxía de arte visual-dixital, 2001/2022

Alfonso Rodríguez

12,00

Libro de arte dixital de Alfonso Rodríguez.
Con limiar da Corporación Semiótica Galega.
Idioma: galego.
Interior a cor.
Encadernación rústica con lapelas.
96 páxinas + capas.
Tamaño 15 x 15 cm.

Hai existencias

SKU: OU 261-2022 Categorías: , , Etiquetas: , , ,

Descripción

Este libriño rescata o que Alfonso Rodríguez considera unha selección que merece a pena mostrar, nun formato papel, do que teñen sido as súas montaxes dixitais desde o 2001 ata o 2022. Desde a famosísima 😉 expo de Planetarium na casa da xuventude de Ourense ata esta era post-covid.

Alfonso Rodríguez, sen ser para nada un virtuoso no manexo das ferramentas informáticas e tecnolóxicas, a forza de imaxinación e experiencia no campo consegue (supoño) transmitir unha serie de estéticas que poñen, desde o sentido crítico e o humor, en cuestión moitas cousas do ámbito persoal, social e político.

É un libro a toda cor pero como dicíamos é un libro humilde de formato. Haberá a quen lle choque que o material dixital pódase pasar a un formato físico pero é unha maneira de “dignificar” unha serie de obras que considero merecían a pena.

Poñédevos amoradxs con esta antoloxía. Son pouquiñas copias xa o podedes conseguir na nosa tenda virtual e en breve nas librarías amigas!

Saurobuks

 

Séguenos en Facebook para saber máis sobre os eventos e presentacións do libro!

Información adicional

Peso 280 g
Dimensións 15 × 21 cm

Sobre o libro

Mestura e corte que afanosamente busca outros ollos que vexan neste xogo difuso sen fronteiras: arte e anti arte, profundo e superficial, grave e frívolo, lugar inhóspito para armar unha casa común, orixinal e copia, mirada e vista. Non afía o seu lapis sequera, ensaia, proba e fracasa. Alcaiota do non real, trama dócil e subversiva, simulacro contemplativo. Estraña fascinación na súa destreza primixenia visible e invisible..

COSEGA

 

Este é un compendio de montaxes dixitais que teño realizado desde o 2001 cando comecei a empregar con certo manexo un computador e ata a data, 2022. É un caderno ou libro ou como lle queiras chamar completamente heterodoxo onde as técnicas, e sobre todo as temáticas, son moi diferentes mais moitas veces nunha liña bastante surrealista e tamén humorística, sen esquecer a crítica política e social.

Foron boa parte deles enfocados para distintos proxectos: a miña páxina, que comparto, expoplanetarium.net e outras páxinas a modo de colaboración, sobre todo os primeiros anos do 2000. Tería que destacar dentro delas ao portal desaparecido andar21 que acubillou unha boa morea deles.

Como artista dixital o meu non é precisamente a técnica mais con catro ou cinco ferramentas apáñome para poder desenvolver as ideas que quero mostrar.

Hai unha evolución, claro está, ao longo dos anos de todos estes traballos que moitos parten de escaneados e outros moitos de roubos na rede das redes, fotografías, etc.

Algúns pretenden ser xeroglíficos e outros son moi explícitos. Outros máis poéticos…

Son, algúns, traballos que levan comigo unha eternidade e apetecíame darlles unha saída máis digna que o mero mundo dixital aínda que parece un paradoxo ou alguén non poida entendelo e incluso fágalle gracia.

Agardo que gocedes observándoos coma min cando os realicei. Son cachiños da miña vida e supoño que da vida, sendo pretensioso.

Alfonso Rodríguez

Sobre o autor

Alfonso Rodríguez

(Ourense, 1973)

Okupa, escritor e artista.

Publicados os libros: Subir ao faiado, 2004 (Positivas), poemas e fotografías; Azúcar Glass, 2009 (Duendebux), poesía; Lúa plenur, 2014 (Saurobuks), poesía e colaxe; Lobotomías para flores, 2017 (Urutau); Instalacións e outras deformidades pseudoartísticas no territorio rurbano, 2017 (Saurobuks), libro de fotografía; Independencia, 2018 (M editora/Saurobuks), poesía; Non vivo sen vivir en min, 2021 (Urutau), poesía.

Ten colaborado con numerosos fanzines, revistas, blogs, webs e outras plataformas tanto a nivel escrito como imaxe.

Como artista adícase á pintura, máis ben abstracta, e á colaxe tendo realizado numerosas exposicións sobre todo na cidade de Ourense.

É editor en Saurobuks.com e coordina o blog Ultragráfico.

Xunto coa deseñadora e artista Adriana Pérez ten unha web na rede de redes: expoplanetarium.net, desde o 2003, con numerosísimos contidos.

Alfonso Rodríguez

Puntos de venda

CAFE UF Negra Sombra
Rúa Pracer, 19, baixo - 36202 Vigo
Aquí poderás atopar os seguintes títulos:
LA NUEVA BIBLOS
Rúa Salvador de Madariaga 1, local 4 - 27002 Lugo
Aquí poderás atopar os seguintes títulos:
LIBRARÍA CARTABÓN
Rúa Urzaiz, 125 - 36205 Vigo
Aquí poderás atopar os seguintes títulos:
LIBRERÍA PAZ
Rúa Peregrina, 29 - 36001 Pontevedra
Aquí poderás atopar os seguintes títulos:
LIBRERÍA SISARGAS
Rúa San Roque 7, baixo - 15002 A Coruña
Aquí poderás atopar os seguintes títulos:
LIBRERÍA TANCO
Rúa Cardenal Quevedo, 22 - 32004 Ourense
Aquí poderás atopar os seguintes títulos:
LIBRERÍA TRAMA
Av. de A Coruña, 21 - 27003 Lugo
Aquí poderás atopar os seguintes títulos:
LIBRERÍA VOLANDO LIBRE
Rúa Ervedelo, 23 - 32002 Ourense
Aquí poderás atopar os seguintes títulos:
Local CNT Allariz
Camiño Socastelo, 10 - 32660 Allariz, Ourense
Aquí poderás atopar os seguintes títulos:
MUR MARXINAL
Rúa Manuel Murguía, 11, baixo - 32005 Ourense
Aquí poderás atopar os seguintes títulos:
NUMAX
Rúa Concepción Arenal 9, baixo - 15702 Santiago de Compostela
Aquí poderás atopar os seguintes títulos:
SINDICATO DEL CÓMIC
Rúa Doutor Marañón, 15 - 32005 Ourense
Aquí poderás atopar os seguintes títulos: