SCUM. Manifesto da organización para o exterminio do home.
Valerie Solanas
10,00€
Libro de pensamento radical de Valerie Solanas, con ilustracións de MUTE.
[Orixinal: SCUM Manifesto (Society for Cutting Up Men), 1967].
Idioma: galego.
Interior a branco e negro e cor.
Encadernación rústica con lapelas.
66 páxinas + capas.
Tamaño 12 x 17 cm.
Hai existencias
Descripción
Un texto dunha vixencia e dunha actualidade -por desgraza- rabiosa, que pon o foco de atención non só no sistema patriarcal, dunha maneira visceralmente crítica, senón que estende esa ira e esa crítica ao conxunto de homes que encarnan este sistema opresivo contra as mulleres, o que se vivía no 1967 e o que se vive tamén con virulencia nos nosos días.
SOBRE A EDICIÓN
Este libro abre o camiño dunha nova colección en Saurobuks de textos traducidos ao galego, coa que se pretende rescatar e visibilizar a autoras e loitadoras que dalgunha maneira abriron camiño e que foron ou son silenciadas.
Na edición deste primeiro libro acompaña ao texto de Solanas o traballo gráfico de MUTE, ilustradora galega con boa traxectoria no mundo da banda deseñada, o graffiti e a pintura. Conxúganse así distintas disciplinas -escrita e artística- dando saída tanto ao local como ao global.
Información adicional
Peso | 200 g |
---|---|
Dimensións | 12 × 17 cm |
Sobre o libro
O Manifesto SCUM
Foi escrito en 1967, no momento do rexurdimento do feminismo nos Estados Unidos. É un texto subversivo e polémico que se enmarca dentro das correntes máis radicais do momento, na que tamén destacan colectivos como W.I.T.C.H. (Women’s International Terrorist Conspiracy from Hell) ou Redstockings.
Valerie Solanas ten por desgraza a fama no seu haber por mor dun incidente ultraviolento co artista Andy Warhol, pero máis alá deste fito espectacular e maldito, que lle custou moi caro, no manifesto SCUM demostra unha lucidez que pasma na análise certeira de moitos dos males que aflixían -e continúan aflixindo- a sociedade occidental a nivel sexual. A súa aposta é radical, non exenta de ironía, e adiántase moitos anos a visións feministas semellantes que se deron tempo despois e que se dan agora mesmo. SCUM é o cuspe que Valerie Solanas envía aos homes. A súa violencia é unha resposta á violencia.
Sobre a autora
Valerie Solanas
Naceu o 9 de abril de 1936 en New Jersey. Na súa infancia sufriu abusos por parte do seu pai. Cando os seus pais se divorciaron, en 1940, mudouse coa súa nai a Washington que no ano 1949 volveu casar. A idade de 15 anos Valerie marchou da casa para vivir nas rúas. Quedou preñada e tivo un fillo que deu en adopción. En 1954 logrou rematar os estudos de secundaria e ingresou na Universidade de Maryland. Traballou no laboratorio de animais do departamento de psicoloxía para pagar os seus gastos e colaborou cun xornal estudantil no que publicaba unha columna na que expuña que as mulleres podían procrearse sen a axuda dos homes e que deberían facelo. Tras abandonar a Universidade de Maryland estivo a piques de completar un ano de psicoloxía na Universidade de Minnesota pero deixou os estudos para viaxar polo país, pedindo esmola e prostituíndose para manterse.
En 1966 estableceuse en Greenwich Village onde escribiu a súa primeira obra de teatro Up your ass (Que che dean polo cu) que trata sobre unha prostituta e esmoleira que odia aos homes. A comezos de 1967 entregoulle unha copia deste manuscrito a Andy Warhol no seu estudo The Factory. Nese mesmo ano escribiu e editou o seu Manifesto Scum, do que facía copias que vendía polas rúas, e coñeceu ao editor francés Maurice Girodias da editorial Olympia Press, especializada en publicar obras de autores «malditos», que se interesou polo texto e lle pagou un adianto para escribir unha novela baseada no mesmo.
No mes de maio de 1967 Solanas esixiulle a Warhol que lle devolvese o seu manuscrito, quen admitiu que o perdera, e a partir dese momento Solanas comezou a telefonalo insistentemente esixíndolle unha recompensa. Na súa mente Warhol apropiárase do seu manuscrito e cría que Girodias roubaríalle toda a súa obra para o seu uso exclusivo sen pagarlle nada. O 3 de xuño de 1968 Solanas disparou tres veces a Warhol e esa mesma noite entregouse á policía. Pechárona no Hospital Psiquiátrico de Bellevue e tras o seu xuízo foi declarada inhabilitada legalmente e enviada ao Hospital Estatal Matteawan para criminais psicóticos. Xusto neste período, a editorial Olympia Press publicou o Manifesto Scum con comentarios de Maurice Girodias e Paul Krassner; ningunha biografía menciona que a autora recibira pago algún pola venda da obra.
A comezos de 1969 diagnosticáronlle esquizofrenia paranoica e en xuño dese ano, tras declarase culpable nun novo xuízo, foi sentenciada a tres anos de prisión. O ano que pasou no hospital psiquiátrico foi tido en conta. Tras a súa posta en liberdade entrou e saíu de hospitais psiquiátricos ata a súa morte o 26 de abril de 1988. Faleceu de bronconeumonía á idade de 52 anos, en soidade e sen diñeiro, nun asilo benéfico de San Francisco.