O 29 de novembro en Allariz, despois de ter sido presentado o día anterior Breviário de heterónimos de Carlos Rafael e Antón Buciños no CS A Cambalhota da mesma vila, este proxecto tivo voz na radio municipal por parte dun dos autores, Carlos Rafael, e dun dos editores de Saurobuks. Falouse maioritariamente, claro está, do libro e tamén da editora e dos seus proxectos. Da man de Ramón e David como condutores do programa Orballo e nos mandos técnicos outro Carlos, soubemos moitas cousas de Carlos Rafael e tamén botamos algunha risa que outra.
Conseguir libro:
-
Breviário de heterónimos.
Carlos Rafael e Antón Buciños
- 12,00€
- Engadir ao carriño
Hai existencias

