CONVOCAMOS

ILUSTRACIÓNS POR

PALESTINA

Temos POEMARIO sobre Palestina: “A balada do exilio” de Xulio Cid Neira, e desexamos ilustralo para que sexa un artefacto híbrido como adoitamos a publicar.

Para iso precisamos de colaboracións solidarias de toda a xente que queira participar con debuxo, pintura, ilustración, fotografía, etc. que teña como temática Palestina.

Podes enviar a túa proposta cubrindo o seguinte formulario. O prazo de entrega é ata o 31 de maio.

Ao rematar porémonos en contacto coas autoras e autores seleccionados. Moitísimas grazas por anticipado!

O que se recade coa venda deste poemario, agás gastos de imprenta, será destinado directamente a familias palestinas que están en situacións moi comprometidas.

    ×

    Carrito