O venres 17 de abril de 2026 presentouse na galería Dodo Dadá o último libro publicado por Saurobuks, “Anacos” de Alfonso Rodríguez. No evento falou Carlos Rafael que fixo a selección dos poemas e o propio autor. Despois houbo unha actuación de Wind Wordsnoise cunha proxección de Adriana Pérez.
Queremos dar infinitas gracias á Dodo Dadá e a todas as persoas que vos achegastes á mesma. Tamén darlle as gracias a Radio Liverdade por gravar o evento e a Alba Fernández e a Javi polas fotos. Seguimos!
Conseguir libro:
-
Anacos
Alfonso Rodríguez
- 20,00€
- Engadir ao carriño
Hai existencias



















