O xoves 21 de novembro coa resaca da celebración da morte do innomeable houbo unha concentración de persoas humanas na tetería da praza de san marcial. No Grándola, Carlos Rafael e Antón Buciños presentaban en sociedá o libro “Breviário de heterónimos” editado por Saurobuks. Libro de heterónimos e outras voces compilado por Carlos e na compaña fotografías de Buciños.
Outono pasado por auga que non impediu que a xente se abalanzara sobre o artefacto unha vez rematado o acto que tivo como reporteira a Adriana Pérez, coma sempre.
Queremos agradecer ao Grándola e a toda a peña que fora posible esta conxunción que deu momentos moi divertidos. Pasámolo ben…