O venres, 7 de novembro, foi a presentación do libro “Fogo fixo e voador” de Paulo Hortak (Gaspar Domínguez) e Óscar Sánchez (@eukeseiii) no Centro Cívico de Canido, en Ferrol.
Na presentación houbo sorpresas de todo tipo. Mamuchi Riot deleitounos a todxs coa súa posta en escea: Cristina Mariño moi ben acompañada pol@s amiga@s Ana, Luis e Víctor.
Puidemos ver ilustrar a Óscar en directo. E despois dun magnífico trebón en Ferrol quedou unha noite magnífica para rillar castañas e brindar tod@s xunt@s…
Queremos dar as gracias á xente que nos acubillou en Ferrol e toda a xente que se involucrou nestas presentacións de “Fogo fixo e voador”. Foi unha experiencia moi bonita que quedará rexistrada na nosa memoria editorial 😉
Conseguir libro:
-
Fogo fixo e voador
Paulo Hortak
- 15,00€
- Engadir ao carriño
Hai existencias


















