O pasado venres 29 de maio, no espazo da galería Dodo Dadá e arrodeados das incribles esculturas de Manolo Figueiras, gozamos coa compaña recibida nesta presentación do libro “Fogo fixo e voador” de Paulo Hortak (Gaspar Domínguez), na que recitaron tanto o autor como Cristiña Mariño e Paco Domínguez mentres Óscar Sánchez, ilustrador do libro, debuxaba en directo… unha combinación máis que suxestiva e refrescante para estes días de calor!
Para os que non puidestes asistir deixámosvos aquí o enlace a Radio Liverdade no que Alfonso Cid tivo a ben compartir o que gravou o día do evento. Moitas gracias a el, a Marita Carmona e Xosé Vilamoure por cedernos sempre o seu espazo, e a todas as persoas lindas que viñestes!
Conseguir libro:
-
Fogo fixo e voador
Paulo Hortak
- 15,00€
- Engadir ao carriño
Hai existencias





















