INFORMACION XERAL:
De conformidade co artigo 10 da Lei 34/2002, de 11 de Julio, de servizos da sociedade da información e de comercio electrónico (L.S.S.I.) faise constar que SAUROBUKS con CIF número G32483802 é o titular do presente dominio www.saurobuks.com. Estes termos e condicións, xunto coa súa aceptación na confirmación de compra, constitúen o contrato entre Vostede e SAUROBUKS.
PROCESO DE COMPRA:
De conformidade co artigo 27 da Lei 34/2002, de 11 de Julio, de servizos da sociedade da información e de comercio electrónico (L.S.S.I.) faise constar os distintos trámites para celebrar o contrato online. Atendendo ao artigo 27.1.b da mencionada Lei, SAUROBUKS arquivará o documento electrónico en que se formalice o contrato e este será accesible para o usuario solicitándoo. SAUROBUKS remitirá unha copia ao cliente unha vez finalizado o proceso de compra, achegando tamén unha copia deste documento (condicións xerais de compra, documento de desistencia e se o produto foi pagado antes de saír das nosas instalacións a factura de compra).
XENERALIDADES:
Como norma xeral, a realización dun pedido en SAUROBUKS supón a aceptación das presentes condicións xerais de venda reflectidas neste documento. O Cliente declara, baixo a súa responsabilidade ler e entender os presentes termos e condicións de venda e aceptalos. Ningunha estipulación realizada por parte do cliente poderá diferir das de SAUROBUKS se non foron expresamente aceptadas polo noso departamento de venda online.
MODALIDADES DE PEDIDOS:
Os clientes dispoñen dunha modalidade para realizar os seus pedidos:
1. Por Internet: a través de www.saurobuks.com
PREZOS:
Todos os prezos expostos na ficha de produto levan incluído o IVE correspondente según o tipo de produto (21%, 10% ou 4%). Os prezos están expresados en euros (€) para os paises membros da Unión Europea, en libra esterlina (£),para Reino Unido e en dólares ($) para Estados Unidos. O prezo aplicable será o que conste no momento en que o cliente realizou a compra. Os prezos publicados son válidos ata finalización da vixencia da oferta.
A empresa resérvase o dereito de cambiar os prezos dos produtos sen aviso previo.
FORMAS DE PAGO:
SAUROBUKS dispón das seguintes formas de pago:
1.- TRANSFERENCIA BANCARIA OU INGRESO EN CONTA: Ao elixir esta forma de pago terás que realizar un ingreso bancario, indicando o teu nome, apelidos e número de pedido. Non se realizará o envío da mercadoría ata a confirmación da transferencia por parte da entidade bancaria. Tamén podes enviarnos un correo electrónico no cal haxa unha copia do ingreso bancario para axilizar os trámites do envío.
2.- PAYPAL. O aviso do pago é recibido por SAUROBUKS de inmediato, a diferenza doutros métodos nos que a confirmación de pago por parte do cliente tarda uns días. Esta modalidade de pago non supón ningún incremento no prezo do artigo. PayPal permite pagar directamente sen comunicar os datos financeiros na internet. PayPal codifica automaticamente os datos confidenciais coa axuda das mellores tecnoloxías dispoñibles no mercado.
PRAZOS DE ENTREGA:
SAUROBUKS non envía ningún produto ou pedido ata que comprobemos o pago da factura. Os envíos irán acompañados da súa factura ou confirmación do pedido (documento electrónico).
SAUROBUKS realiza os envíos por diferentes empresas de transporte, nun máximo de 2 días desde o peche da venda. Os prazos de entrega están estipulados polas axencias de transporte contratadas (Empresas de Transportes e Correos).
SAUROBUKS non é responsable da entrega da mercadoría no domicilio e dos posibles atrasos no prazo de entrega. Se o cliente observase algunha anomalía no paquete entregado, rogamos fágao constar no albarán de entrega a súa reclamación e ademais indicando no albarán a frase “pendente de comprobación”. Seguidamente infórmenos canto antes da anomalía, antes de 24 horas da entrega (artigo 952.2 do código de comercio).
SAUROBUKS pode variar en calquera momento e sen aviso previo as condicións nos prazos de entrega. Rogamos visite esta sección frecuentemente.
GASTOS DE ENVIO:
Os gastos de envíos estipulados por SAUROBUKS detallanse no apartado ENVÍO. Calcularanse en función do peso do produto enviado e do lugar de destino.
A entrega considerarase realizada no momento en que o transportista puxese os produtos ao dispor do cliente e este asinase o documento de recepción de entrega. Corresponde ao cliente verificar os produtos á recepción e expoñer todas as condicións e reclamacións que poidan estar xustificadas no documento de recepción de entrega. Se existise algunha anomalía na recepción da mercadoría o cliente dispón de 24 horas para realizar a reclamación á empresa de transportes.
DEREITO DE DESISTENCIA:
SAUROBUKS entende por devolución o retorno do produto ou produtos comprados por parte do cliente e o seu posterior reembolso (Dereito de desistencia). SAUROBUKS entende por cambio a substitución do produto por outro igual ou distinto. Os clientes dispoñen de 14 días hábiles (En cumprimento do capítulo II do Real Decreto Lexislativo 1/2007, do 16 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei Xeral para a Defensa dos Consumidores e Usuarios e outras leis complementarias no seu artigo 71.1), a partir da recepción da mercadoría para poder realizar o cambio ou devolución; o envío desta correrá pola súa conta. Unha vez comprobado o material e se todo é correcto reintegrarase a totalidade paga polo cliente nun prazo non superior a 5 días (non están incluídos gastos de envío da compra). En cumprimento do artigo 73 do capítulo II do Real Decreto Lexislativo 1/2007, do 16 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei Xeral para a Defensa dos Consumidores e Usuarios e outras leis complementarias os gastos de devolución ao utilizar o dereito de desistencia corren a cargo do cliente.
Se desexa exercer o dereito de desistencia, pode atopar o formulario para encher NESTE ENLACE.
POLÍTICA DE CAMBIOS:
SAUROBUKS entende por cambio a substitución do produto por outro calquera. Os clientes dispoñen de 10 días naturais, a partir da recepción da mercadoría para poder realizar calquera cambio.
O procedemento para seguir nos cambios será o seguinte: Envio dun e-mail a bronto@saurobuks.com. É necesario indicarnos que se trata dun cambio, a data de compra, número de pedido e os motivos do cambio ou devolución. Deberá indicarnos o produto ou produtos que desexa recibir para saber a súa dispoñibilidade actual. SAUROBUKS estimará se está dentro dos prazos legais establecidos ou garantía comercial que dá aos seus clientes.
O paquete deberá conter a embalaxe orixinal, etiquetas, etc. O produto debe estar sen ser usado, na embalaxe orixinal e con todos os seus accesorios e documentación adxunta. Unha vez chegado o paquete, comprobaremos que o produto non teña ningún tipo de dano e non foi usado. Se o produto está en perfectas condicións, procederemos ao seu cambio de inmediato. Se, pola contra, detectamos algunha anomalía, informaríase o cliente da devandita incidencia.
SAUROBUKS non devolverá os gastos de envío iniciais, e serán por conta do cliente os gastos do envío do produto desde a súa casa ata a sede da tenda (custos de devolución).
SAUROBUKS Non acepta cambios a portes debidos.
GARANTIA:
Segundo a normativa vixente en materia de consumo e outras leis complementarias, vostede ten garantía legal no caso de que os bens entregados sexan defectuosos ou non cumpran as especificacións sinaladas no contrato e sexa necesario reparalos, substituílos, rebaixar ou reembolsar o prezo pago. Neses casos, buscaremos a solución idónea para que poida dispoñer do produto en condicións óptimas ou poida devolvelo se é o seu desexo.
A garantía dos produtos adquiridos será a súa factura de compra.
O inicio do período de garantía iníciase coa data de entrega do produto. Os defectos ou danos que puidesen xurdir dunha incorrecta manipulación dos produtos e materiais ou os desgastes producidos por un uso normal, non se inclúen na garantía do mesmo. A documentación de garantía incluída polos fabricantes é de obrigada lectura polo comprador. Os documentos de garantía poden incluír ou excluír limitacións sobre a cobertura de garantía do produto. Calquera incidencia ou anomalía durante o período de garantía deberá ser indicada por medio de correo electrónico a bronto@saurobuks.com.
RESOLUCIÓN DO CONTRATO:
De conformidade co artigo 60.2.d da Lei 34/2002, de 11 de Julio, de Servizos da Sociedade da Información e de Comercio Electrónico (L.S.S.I.) faise constar os procedementos que dispón o consumidor para poñer fin ao contrato.
O cliente que confirmase o pedido no proceso de compra poderá anular o pedido nas seguintes situacións:
A) Decide despois da compra botarse atrás: Deberá avisarnos antes da saída da mercadoría das nosas instalacións. Se pagase o produto deberá avisarnos canto antes.
B) Decide botarse atrás mentres o envío da mercadoría xa está feito. Deberá usar o dereito de desistencia ao recibir o produto.
C) SAUROBUKS non ten o produto. Poida que non dispoñamos do produto no momento de compra, tentaremos conseguilo no prazo mínimo de tempo ou elixir outro produto. O cliente pode decidir anular o pedido.
REXISTRO DO USUARIO:
A formalización de calquera relación comercial con SAUROBUKS a través da presente páxina web inclúe a posibilidade do rexistro do cliente ou usuario. O cliente recoñece e afirma que os datos son seus, verídicos e reais mediante o envío do formulario de rexistro.
Como usuario rexistrado. Declara ser maior de idade e dispoñer da capacidade xurídica suficiente para vincularse polas presentes Condicións Xerais de Compra ao contratar calquera servizo con SAUROBUKS.
SAUROBUKS resérvase o dereito de anulación ou cancelación dunha conta en caso de inactividade durante un período de tempo prolongado.
No momento que o cliente realiza o primeiro pedido o sistema pediralle máis datos persoais para a realización do pedido (datos de envío e/ou datos de facturación).
No caso de que o Cliente xa realizase pedidos anteriores, e mediante rexistro previo, unicamente deberá indicar no formulario o seu correo electrónico e o contrasinal.
En cumprimento do establecido no art. 27.1. c da Lei 34/2002, do 11 de xullo, de Servizos da Sociedade da Información e de Comercio Electrónico (LSSI-CE) o cliente dispoñerá de medios técnicos á súa disposición para identificar e corrixir erros na introdución de datos persoais. O cliente rexistrado dispoñerá de todo momento mediante a introdución do seu nome de usuario e contrasinal dun panel de control onde poderá modificar en calquera momento datos incorrectos sobre datos persoais da súa conta, datos de facturación, datos de envío.
MENORES DE IDADE:
Para poder realizar un pedido o cliente deberá ter un mínimo de 18 anos.
PROTECCION DE DATOS:
En SAUROBUKS tomámonos moi en serio a protección dos datos dos nosos clientes. Para máis información podes consultar a nosa https://saurobuks.com/politica-de-privacidade/.
MODIFICACION DAS CONDICIÓNS XERAIS DE VENDA:
SAUROBUKS resérvase o dereito para modificar as condicións xerais de venda sen aviso previo, podendo cambiar, suprimir ou engadir tanto os contidos e servizos que se presten a través do mesmo como a forma na que estes parezan presentados ou localizados nos seus servidores. Estes cambios deberán de ser aceptados polo Usuario cada vez que faga efectiva unha compra. Por esta razón debe revisarse frecuentemente esta páxina ou cada vez que se realiza unha compra.
Se calquera cláusula das presentes Condicións Xerais de Contratación fose declarada total ou parcialmente nula ou ineficaz afectará tan só á devandita disposición ou parte da mesma que resulte nula ou ineficaz subsistindo en todo o demais, o resto de condicións xerais e téndose tal disposición ou a parte da mesma que resulte afectada por non posta salvo que, por resultar esencial ás presentes condicións xerais, houbese de afectalas de forma integral.
LEXISLACION:
Estas Condicións xerais réxense pola lei española. As partes sométense, á súa elección, para a resolución de conflitos e con renuncia a calquera outro foro, aos xulgados e tribunais do domicilio do usuario.