RendeRén #0: A falacia da sustentabilidade

5,00

RendeRén #0: monográfico “A falacia da sustentabilidade”
Idioma: varios.
Interior a branco e negro.
Encadernación rústica.
66 páxinas + capas.
Tamaño 17 x 24 cm.

SKU: OU 25-2008 Categoría: Etiquetas: ,

Descripción

 

Reimprimimos o monográfico editado no ano 2008 polo colectivo Ren de Rén “A falacia da sustentabilidade”, do que formábamos parte as membras de Saurobuks. Foi unha revista que se encargou de poñer no seu sitio o chamado sustentable, xa naquela época e anticipándose á moda verde, que non é máis que unha falacia para manter este capitalismo maqueado que se quere salvar a toda costa.

Foi o primeiro de dous monográficos con grandes tiradas. O segundo foi “A civilización enferma” que tamén se adiantou e moito a cousas que padecemos hai ben pouco.

“A falacia da sustentabilidade” non foi un pastiche de copia e pega senón que nos diriximos a autoras e autores, digamos “de nome”, para que colaboraran ex profeso con nós. Así contou entre outros co xa falecido Agustín García Calvo, con Santiago Alba Rico, con Pedro García Olivo, con Rebeca Baceiredo ou con Diego Ameixeiras. No apartado gráfico con Kalvellido ou Brieva, entre outra moita xente. Cremos que ten aínda plena vixencia e por iso decidímonos a esta reimpresión.

Para saber máis sobre os contidos visita a súa web.

Información adicional

Peso 250 g
Dimensións 17 × 24 cm