Anacos
Alfonso Rodríguez
20,00€
Libro de poemas e colaxes de Alfonso Rodríguez.
Idioma: galego.
Interior a cor.
Encadernación rústica con lapelas.
120 páxinas + capas.
Tamaño 16 x 23 cm.
Hai existencias
Descripción
“Son poemas -seleccionados por Carlos Rafael- que reflexan nos seus cristaliños os pensamentos que foron xurdindo nestes últimos duros e caóticos anos tanto para min como para o mundo en xeral, penso eu. Desde o íntimo (que hai moito diso) ao máis público e global. O poemario mostra salpicado de pequeniñas faíscas de humor unha tristeza e un cansanzo produto do escenario no que me teño desenvolto, como digo, estes últimos anos e tamén como se ten desenvolto o mundo. Guerras internas e externas. Desamor e mortes… mais ofrecéndolle ás veces un pequeno acubillo á esperanza por riba de min, por riba de nós, por riba de todo. Esa primavera que sempre retornará…”
Alfonso Rodríguez

Séguenos en Facebook e Instagram para saber máis sobre os eventos e presentacións do libro!
Información adicional
| Peso | 370 g |
|---|
Sobre o libro

“Para começar, quem precisa de poesia? Para além dos anunciantes de seguros e de perfumes e do político do momento para declarar que tem um livro de Rosalía de Castro na sua mesa de cabeceira (talvez para equilibrar uma pata), ninguém, ninguém, e digo ninguém, precisa dela. No entanto, o Sr. Rodríguez atreve-se a olhar para o mundo que o rodeia —ou, como por vezes diz, o mundo que o aprisiona— e transformar esse olhar em palavras, versos e até rimas vergonhosas, aventurando-se muitas vezes no lirismo ou no humor, que, quanto a nós respeita, podem ser considerados factores agravantes.”
J. Peinado
“Para Alfonso a poesía é tamén unha forma de colaxe: fragmentos de pensamento, emocións arrincadas e superpostas sobre o papel. Os seus versos non procuran o refinamento máis ben xurden compulsivos coma nun pogo. Esa mesma dinámica trasládase á súa obra visual. Así, poesía e colaxe convértense en linguaxes irmás: ambas feitas de fragmentos, de impulsos, de intuición.”
Misca Mala
Sobre o autor
Alfonso Rodríguez
(Ourense, 1973)
É escritor, artista e editor.
Ten realizado diversas exposicións, sobre todo na cidade de Ourense.
Desde o ano 2003 comparte unha web coa artista Adriana Pérez: expoplanetarium.net. Tamén comparte con ela a editora sen ánimo de lucro Saurobuks.
Libros publicados de poesía: Subir ao faiado, Positivas, 2004; Azúcar glass, Duendebux, 2009; Lobotomías para flores, Urutau, 2017; Independencia, M Editora, 2018; Non vivo sen vivir en min, Urutau, 2021.
Outras publicacións: Lúa plenur (poemas e colaxes) Saurobuks, 2014; Instalacións e outras deformidades pseudoartísticas dentro do territorio rurbano (fotolibro) Saurobuks, 2017; Lingua materna (fanzine de poesía e vídeo) Expoplanetarium.net, 2020; Poñerse amoradx (colaxes dixitais) Saurobuks, 2022 e Contos, Saurobuks, 2023.
Tamén ten publicados numerosos fanzines ademais de ter colaborado en libros colectivos, fanzines e outras publicacións colectivas tanto en papel como en formato dixital.






