Poema Biolento.

AD HOC

5,00

Formato: CD
Encadernación: Caixa jewel
Xénero: rock, improvisación, poesía
Edición: 2016
Publicación: Autoedición

Hai existencias

Categoría: Etiquetas: , , ,

Descripción

Ramón Cruces: guitarra, voz, coros
Lois Gil: voz, teclado, baixo, guitarra, coros, harmónica
Pedro Lamas: teclado, coros
Roque Mosquera: batería, percusión, baixo, coros
Antonio Rivas: baixo, guitarra, voz, percusión, coros
e tamén
Denise Freire: voz, coros
Xacobe Lamas: violín


Gravado en Casas Novas (Rois, A Coruña), O Tremo (Brión, A Coruña), A Pena de Proendos (Sober, Lugo), Bexán (O Saviñao, Lugo) e Santiago de Compostela, entre marzo de 2010 e abril de 2014.

Producido por Antonio Rivas e Roque Mosquera
Mesturado por Antonio Rivas en Santiago de Compostela
Masterizado por Roque Mosquera en Santiago de Compostela

Deseño da portada: Lois Gil
Fotografía de portada: Carlos Tejo

Agás onde se indique outra cousa, todas as músicas son dos intérpretes que participan nos temas.

Temas

  1. La carne cubre el hueso
  2. Canta chaval / Porque non sei bailar
  3. Mamiferos
  4. Rio infindo
  5. Longa noite de pedra
  6. Emigrantes
  7. O cravo
  8. Todas as estrelas
  9. Conjuro
  10. Aí vén o maio

Sobre o autor

Ad Hoc é un organismo vivo e multipersoal, criatura do mundo dos soños, cuxas razóns de ser non son outras que a amizade e a creatividade, como vías para deixar soñar, por uns días, ao artista que habita o interior de cada un de nós e dos amigos e amigas que nos acompañan.

É ese espírito de diversión e creación, mesturado co do 68, o que impulsa a produción musical en cada unha das nosas xuntanzas, ou “filloaldeas”.

Estas adoitan ser nuns poucos días e noites nas que o elemento esencial é a improvisación. Ninguén sabe o que se vai tocar, nin os demais nin el mesmo. Velaí o retrato sonoro que recolle o comezo de Ignoro a Deus.

O produto inicial son horas e horas de gravación, en moitas ocasións tomas sen máis título que un número. Despois lévase a cabo un longuísimo proceso de selección de temas, que é seguido polo acurtado daqueles que poidan pagar a pena ao suprimirse as partes máis frouxas. Logo segue a corrección dos inevitables erros que cometemos aqueles de nós que non pasamos de ser músicos afeccionados. Ás veces tamén a incorporación, en novas filloaldeas, de engadidos dalgún instrumento, voces ou coros. E por último as longas horas de mesturado, coas que corrixir os defectos de gravación debidos ás condicións caseiras nas que son realizadas.

Porque nada do que aquí se escoita é gravado nun estudio, senón no salón dunha casa, e case sempre con pouco espazo e demasiado volume como para evitar a contaminación sonora dos sinais que recollen os micrófonos.

Pero iso non importa. Pois por enriba de todo están os momentos nos que a individualidade se disolve na construción colectiva e a acción se volve creación. Son eses momentos os que posteriormente, ao seren escoitados de novo, fan medrar a ansia de volver xuntarnos. A música é unha escusa para o encontro, ou quizais o encontro sexa a escusa para a música, quen sabe.

O principal desta música é que nos permite revivir bos momentos, que nos gustaría poder compartir contigo, amigo ou amiga que tamén gozas dela. Imitando o título do famoso disco de Pink Floyd, oxalá estiveses alí.

Máis info en http://adhocgz.blogspot.com/

AD_HOC-dossier