Breviário de heterónimos.

Carlos Rafael e Antón Buciños

12,00

Libro de aforismos, relatos, haikus e cancións de Carlos Rafael.
Con fotografías de Antón Buciños.
Idioma: galego internacional.
Interior a cor.
Encadernación rústica con lapelas.
70 páxinas + capas.
Tamaño 15 x 21 cm.

Comparte:

Descripción

 

Quando se me ocorreu propor-lhe a Carlos Rafael a possível edição deste livro automaticamente pensei que ia dizer que não. Equivoquei-me!

Lembro há já muitos anos que a minha irmã maior passara-me uma série de revistas e fanzines; entre estas coisas estava um fanzine ourensano do ano 79 onde Carlos já tinha publicado um poema.

Multifacetado e sarcástico mas à vez íntimo e romântico, talvez nuns tempos nos que não se leva muito, estes heterónimos dos que saem haikai, canções, brocardos e relatos mostram um universo amplo deste iniciante autor ourensano, já muito experimentado em recitais, actuações e todo o tipo de abordagem a todo o tipo de arte, poesia, teatro, música… Professando um ateísmo militante e uma risada subversiva.

Alfonso Rodríguez

 

Séguenos en Facebook para saber máis sobre os eventos e presentacións do libro!

Información adicional

Peso 280 g
Dimensións 15 × 21 cm

Sobre o libro

 

Este traballo “compilado” por Carlos Rafael, Breviário de heterónimos, é un libro onde a través de distintas formas de expresión literaria que dan voz a Eloi Campos, Karasune Mafarose e demais carnaval de nomes e máscaras dalgún día, o autor dunha maneira sintetizada mais moi certeira fai unha grande literatura acompañada das fotografías de Antón Buciños. Artista, fotógrafo, etc. que día a día móstranos nas redes e noutros formatos todos os seus pasos e pedaladas que lle levan a percorrer lugares urbanos e naturais de onde extrae imaxes que non poden non ser olladas con asombro.

Os heterónimos de Carlos Rafael, autor ourensán, ao igual que Buciños, dan voz a haikus, cancións, aforismos, relatos… como dicíamos bocados algúns máis grandes e outros máis pequechos pero son auténtica alta cociña literaria dun home que leva unha morea de anos adicándose dentro do eido cultural, social, etc. a un montón de actividades. Escribindo, recitando poesía (moitas veces non necesariamente del mesmo), facendo teatro, vinculado á música, inmerso nos movementos sociais ourensáns, etc.

Desde Saurobuks parecíanos non só de recibo senón, dalgunha maneira, de xustiza que vira publicado este seu primeiro libro unha persoa que seguramente, coñecéndoo, nunca tivo demasiadas pretensións de facer tal cousa. Mais con nós non lle quedou outra 😉

É un libro que tardou en chegar mais, ao fin, está aquí e agardamos que teña a acollida que merece porque poucas veces edítanse libros procurando a autoxestión, a colaboración mutua, o desinterese ben entendido, o potenciar o local nesta cidade onde hai un montón de xente facendo cousas desde sempre. O pequeno altamente grande.

O outono está aquí, non o podemos evitar… Construamos unha grande fogueira coas follas secas e brindemos á saúde de Antón Buciños e Carlos Rafael.

Sobre os autores

Carlos Rafael

Eloi Campos é um terrausente: não pertence a lugar nenhum, nenhum lugar lhe pertence. Migrante perpetuo, in & out, de toda terra, toda ideia, toda carne. Traidor a todas as causas, ferido por todas as consequências. Estilita em colunas imaginárias, viageiro na ponta dum alfinete. Sem deus mas com amo: aquela com que partilha o silêncio.

Karasune Mafarose não tem sexo, ou tem todos os sexos: hermafrodita, transgénero ou uma palavra que ainda se há de inventar. Oriental desorientad@, procura em três versos verdades que se lhe escapam: um haiku pode conter o universo, mas não o decifra. Mora num lugar onde os contrários são igualmente verdadeiros.

O resto é apenas um carnaval de nomes, máscaras de um dia, homenagens a gentes e vozes que o impostor escolhe por própria vontade, por amor ou por humor. Em fim, pela cartografia privada e profunda dos seus afectos.

 

Antón Buciños

@antondeourense

Puntos de venda

OURENSE

Librería Volando Libre. Ervedelo 23, 32002

MUR Marxinal. Manuel Murguía 11, baixo, 32005. Web

Punto e Coma. Rúa da Paz 15, 32005. Web | Facebook

Sindicato del cómic. Doctor Marañón 15, 32005. Facebook

ALLARIZ (Ourense)

A Cambalhota. Camiño Socastelo 10. Facebook

Aira das Letras. Rúa Emilia Pardo Bazán 5, 32660. Web | Facebook

VILAR DE SANTOS (Ourense)

A Arca da Noe. Rúa do Forno, 13, 32650. Facebook

LUGO

La Nueva Biblos. Salvador de Madariaga 1 – local 4, 27002. Web

Librería Trama. Av. de A Coruña 21, 27003. Web | Facebook

PONTEVEDRA

Libraría Paz. Rúa Peregrina 29, 36003. Web | Facebook

VIGO

Café Uf. Rúa Pracer 19, baixo, 36202. Facebook

Libraría Cartabón. Urzaiz 125, 36205. Web

A CORUÑA

Librería Sisargas. San Roque 7, 15011. Facebook

SANTIAGO DE COMPOSTELA

Novaniké. Xerusalén 4, 15704. Web

Reseñas

Aínda non hai valoracións.

Sé o primero en valorar “Breviário de heterónimos.

Carlos Rafael e Antón Buciños

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *