Versos violentos

Iria Bragado

15,00

Libro de poemas e ilustracións de Iria Bragado.
Con limiar de Susana Villaverde.
Revisión lingüística de Sara M.
Idioma: galego.
Interior a cor.
Encadernación rústica con lapelas.
82 páxinas + capas.
Tamaño 15 x 21 cm.

Hai existencias

SKU: OU 256-2022 Categorías: , Etiquetas: , , ,

Descripción

 

A violencia intrínseca a esta sociedade enferma na que vivimos é a que fai que Iría Bragado torne as palabras tamén en violencia porque en si propia non hai violencia senón unha resposta ás atrocidades cometidas por este sistema ao seres humanos e ás mulleres en particular.

Este libro, que é o primeiro libro dunha muller viva que publicamos en Saurobuks, está repleto de denuncia e non se para en florituras ou versos lindos ou versos encriptados que non se poidan entender. Este libro faise entender e alude a todas as problemáticas que xeneran o estado, o capital e o patriarcado.

É un libro cuns poemas moi longos, ao estilo beat dirían algunhas, e cunha rabia moi potente contra todo o que sucede ás desfavorecidas, que non desmerece a unha Valerie Solanas que xa editamos traducida en Saurobuks.

A propia autora ilustra o libro con alucinantes debuxos, colaxes e fotomontaxes cargados tamén de denuncia e humor negro. Outra faceta de Iría Bragado á que tivemos o gusto de coñecer hai xa moitos anos nos recitais do Café Uf en Vigo coas reunións de Penúltimo Acto que se facían no dito café.

Teñen pasado os anos e non deixamos de estar en contacto, antes xa de que Saurobuks existira. Pensamos nela, como non, para a nosa editorial porque a súa radicalidade encaixa totalmente no criterio que desde un comezo temos na editora. Publicamos a xente afín e xente realmente nas marxes do sistema e do sistema literario. Iría Bragado ten moitas cousas que dicir e neste libro así o demostra.

Saurobuks

 

Séguenos en Facebook para saber máis sobre os eventos e presentacións do libro!

Información adicional

Peso 280 g
Dimensións 15 × 21 cm

Sobre o libro

 

Escribir un limiar para unha obra como Versos violentos non é tarefa fácil. Non é fácil polo simple feito de que a literatura da autora, ao igual que ela mesma, preséntase sen preámbulos. Amosa unha violencia sen complexos, que, aínda enmarcada dentro da poesía de denuncia, racha cos ditados do politicamente correcto que subxugan (e paralizan) os círculos artísticos contemporáneos. Iria Bragado non teme afastarse do propiamente metafórico para cuspirnos as verdades na cara, sempre xogando nesa liña entre o manifesto e a lírica, apoiada polas obras gráficas que inclúe neste poemario (bordados, gravados e debuxos). Non renuncia á comicidade; ás veces, mesmo, coquetea co cinismo, inscribíndoo na temática principal da peza, esa que a articula, que lle sirve como espiña dorsal. Esa unión non é outra que a propia experiencia da autora como muller, como femia humana, especificamente como muller obreira. Unha experiencia que a fai conectar coas experiencias doutras mulleres como Ionela, doutras mulleres que mesmo non son mulleres senón representacións simbólicas do que os homes queren das mulleres (“Bonecas reais”) ou do que o capital quere das mulleres (“Mulleres-máquinas”).

E así, a partir desa experiencia colectiva, denuncia a explotación sexual e reprodutiva (“Insert coin” e colla o que queira), denuncia a medicalización, a psiquiatrización e a industria farmacolóxica (coas súas “Pílulas”), denuncia a hipersexualización e a deriva obsesiva da sociedade co sexo (“O opio do pobo”). Porén, non queda unicamente na visión acomodada e pesimista desta sociedade, no puro fatalismo. Iria Bragado morde pero tamén arrola. Nese arrolar atopa a reivindicación. Reivindica o corpo, reivindica todos os procesos femininos que nos pretenden arrebatar en favor dos intereses do momento. Somos corpo, somos “Carne” e dende a carne buscamos a xustiza. A xustiza pola man. Polas nosas mans de mulleres e polas nosas mans de obreiras.

Versos violentos é, sobre todo, unha obra brava. Unha obra que só podería xurdir dunha muller tan brava como a súa literatura.

Susana Villaverde

Sobre a autora

Iria Bragado

(Iria Bragado de Jesús)

Naceu en Vigo o 3 de xaneiro de 1985. Traballou de camareira, chacineira, monitora, dependenta, teleoperadora e operaria de fábrica na automoción.

Comezou estudos de dereito e dramaturxia, pero
abandonou ambos. Actualmente cursa pedagoxía pola UNED.

Dende que aprendeu a ler e a escribir desexou ser escritora. No ano 2010 comeza a participar en recitais de poesía e continúa facéndoo hoxe en día. Participou no libro 18, editado no 2012 xunto con outros 17 poetas. Tamén publicou en revistas físicas e online. Este é o seu primeiro poemario individual.

Iria Bragado

Puntos de venda

CAFE UF Negra Sombra
Rúa Pracer, 19, baixo - 36202 Vigo
Aquí poderás atopar os seguintes títulos:
LA NUEVA BIBLOS
Rúa Salvador de Madariaga 1, local 4 - 27002 Lugo
Aquí poderás atopar os seguintes títulos:
LIBRARÍA CARTABÓN
Rúa Urzaiz, 125 - 36205 Vigo
Aquí poderás atopar os seguintes títulos:
LIBRERÍA PAZ
Rúa Peregrina, 29 - 36001 Pontevedra
Aquí poderás atopar os seguintes títulos:
LIBRERÍA SISARGAS
Rúa San Roque 7, baixo - 15002 A Coruña
Aquí poderás atopar os seguintes títulos:
LIBRERÍA TANCO
Rúa Cardenal Quevedo, 22 - 32004 Ourense
Aquí poderás atopar os seguintes títulos:
LIBRERÍA TRAMA
Av. de A Coruña, 21 - 27003 Lugo
Aquí poderás atopar os seguintes títulos:
LIBRERÍA VOLANDO LIBRE
Rúa Ervedelo, 23 - 32002 Ourense
Aquí poderás atopar os seguintes títulos:
Local CNT Allariz
Camiño Socastelo, 10 - 32660 Allariz, Ourense
Aquí poderás atopar os seguintes títulos:
MUR MARXINAL
Rúa Manuel Murguía, 11, baixo - 32005 Ourense
Aquí poderás atopar os seguintes títulos:
NUMAX
Rúa Concepción Arenal 9, baixo - 15702 Santiago de Compostela
Aquí poderás atopar os seguintes títulos:
SINDICATO DEL CÓMIC
Rúa Doutor Marañón, 15 - 32005 Ourense
Aquí poderás atopar os seguintes títulos:

O libro nos medios

La opinión de Zamora, 31-07-2023